Curso de introdución á lingua e á cultura galegas en Narón
Trátase dun curso dirixido a persoas maiores de 16 anos que se achegan por primeira vez ao galego.
O curso, que ten unha duración de 20 horas e é gratuíto, desenvolverase en modalidade presencial no local da A.VV Chafarís, no Alto do Castaño, os martes e xoves de 10.00 a 13.00 horas entre o 3 e o 24 de setembro. Traballaranse unhas nocións básicas de lingua galega e de cultura de Galicia (festas, tradicións, gastronomía, música,…) e ao seu remate o alumnado recibirá un diploma de participación no curso.
Para poder participar, é precisa inscrición previa. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o próximo 28 de xullo. A solicitude unha vez cuberta e asinada enviarase ao correo electrónico a.pita@naron.gal ou de forma presencial no SNL. Hai un total de 20 prazas dispoñibles.
Esta acción formativa, organizada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, coa colaboración do Concello de Narón, a través da Concellaría de Política Lingüística, ten un dobre obxectivo: fomentar a integración e a inclusión sociocultural efectiva das persoas participantes, dado que aprender o idioma do país de acollida é esencial para integrarse con éxito, así como aproveitar o enorme potencial que supón a chegada de persoas a Galicia como un xeito de incrementar o número de falantes da nosa lingua.
Máis información no Servizo de Normalización Lingüística, no teléfono 981337700 (extensión 1516) ou no correo a.pita@naron.gal.
Descargar solicitude (tamén se pode recoller a solicitude no propio SNL)
