Creación de herbario persoal de Pegadas Culturais

Unha forma moi divertida de aprender acerca das especies de flora características de Galicia e ademais espertar a creatividade é a elaboración dun herbario persoal. As familias participantes terán a oportunidade de coñecer e identificar algunhas das especies máis comúns da flora galega e recollerán aquelas que máis lles gusten ou chamen a atención, sempre con coidado de respectar o medio natural, para facer o seu pequeno herbario persoal.

Data: sábado, 16 de marzo de 2024

Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 2 horas)

Lugar: centro cívico social de San Xiao.

Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 15 nen@s, que irán acompañad@s dunha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Descarga aquí o cartel

 

 

Data

16 Mar 2024
¡Caducado!

Hora

11:00 - 13:00

Localización

Centro cívico social de San Xiao de Narón
Lugar da Igrexa, s/n, 15578 Narón (A Coruña)
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal