Contos para caghar patatillas de Brais das Hortas
Música, clown e contos a partes iguais nesta proposta de Brais das Hortas para toda a familia.
A Santa Compaña cantando un trap, o home do saco, a verdadeira canción de como morreu Tranquilo, un ataque de salouco, unha base creada ao vivo cunha loop station, sete bruxas que voan de Moaña a Sevilla nunha barca, instrumentos de refugallo creados en directo… e moito máis. Un espectáculo para morrer de medo… ou de risa!
Data: mércores, 21 de maio de 2025
Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 60 minutos)
Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.
Destinatari@s: recomendado para público familiar. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
Descarga o cartel