
Contos maimiños de Migallas
Contos para bebés
Contos maimiños é unha sesión de narración oral para bebés na que os máis pequenos e pequenas poderán gozar de historias, cancións e xogos tradicionais. Durante a sesión animarase ás familias a aprender a nomear o mundo en galego, para espertar dende os primeiros meses de vida das crianzas o cariño e o apego o lingua.
Data: martes, 20 de decembro de 2022
Horario: ás 19:00 h (duración aproximada 30 minutos)
Lugar: centro cívico social do Alto do Castiñeiro
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Podes descargar aquí o cartel