Contiños e xogos de Lup de Soledad Felloza

O lobo Lup queda na casa os días de choiva e frío, pero non se aburre, ten moitos contos e aprende moitos trabalinguas, xogos cos dedos, adiviñas e cantigas.
Data: mércores, 06 de maio de 2026
Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 30 minutos)
Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias. Prazas limitadas. Os/as menores irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
Descarga o cartel
