Coñecendo as nosas árbores con Ventos
Obradoiro para aprender a identificar as árbores autóctonas galegas
As familias aprenderán a identificar as árbores autóctonas galegas do contorno. Realizarán un censo das árbores do contorno, coas principais características de cada unha, un calco de cortizas, inventario de seres vivos presentes nelas,… e rematarán a sesión cun obradoiro de decoración de bolsas de tea con follas de árbores.
Data: sábado, 19 de outubro de 2024
Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 2 horas)
Lugar: centro cívico social do Couto
Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 20 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Descarga aquí o cartel