Con papá de Cris de Caldas e Xabi do Camiño

Narración oral, xogos de man, cantos, monicreques, humor e música

Érase unha vez un bebé que o pasa o día co seu papá. Xuntos comparten aventuras pequenas e grandes pero un día viven unha moi especial. Todo empezou cando a paxariña de papel contou aquel conto que traía agochado unha xirafa peculiar, dúas tartarugas amorosas, tres porquiños rabiosos, catro mans alteradas e cinco patiños despistados.  Que pasará con tanto animal e mamá sen chegar?

Sesión de contacontos onde o fío condutor é o da igualdade, o respecto e bo trato, todo iso condimentado con xogos de man, cantos, monicreques, humor e música.

Data: xoves, 09 de marzo de 2023

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada  35 minutos)

Lugar: centro cívico social do Alto do Castiñeiro

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Descarga aquí o cartel

Data

09 Mar 2023
¡Caducado!

Hora

18:00 - 18:35

Localización

Centro cívico social do Alto
R/Manuel Antonio, nº7, 15570 Narón (A Coruña)
Categoría