Cine de verán
O Cine de verán volve a Narón!! Cine ao aire libre os xoves e venres de xullo para toda a familia. Desenvolverase en diferentes puntos de Narón a partir das 22:30 h.
Programación:
Xoves 7: “Trolls 2: Xira Mundial”, praza da Gándara.
Venres 8: “Trasto”, rúa Francisco Pizarro (A Solaina).
Xoves 14: “Os Croods: Nova Era”, praza do colexio (Xuvia).
Venres 15: “Onward”, praza de Galicia.
Xoves 21: “Goomer”, centro cívico social do Val.
Venres 22: “O mago dubidoso”, centro cívico social de Sedes.
Xoves 28: “Donkey Xote”, pista polideportiva de San Xiao.
Venres 29: “A Galiña Turuleca”, pista polideportiva de San Mateo.
Organiza: Padroado da Cultura do Concello de Narón, en colaboración coa Deputación da Coruña
Máis info: www.padroadodecultura.es/gl/noticias/ciclo-cine-de-verán.