Cinco ratiños de conto de Migallas
Narración oral para bebés
Na aldea do queixo fresco os ratiños cantan cancións e escoitan divertidas historias; a da ratiña e a moeda de ouro ou a do rato que se agocha nun zapato. Sons e texturas apoian as historias e captan a atención dos nenos e nenas nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia.
Data: xoves, 01 de xuño de 2023
Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 30 minutos)
Lugar: centro cívico social do Alto do Castiñeiro
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 6 meses a 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Descarga aquí o cartel