Cianotipia  polo San Xoán de Alouette Machine

Alouette Machine, a imprenta ambulante,  trae a Narón un obradoiro de cianotipia. Nel as familias asistentes realizarán fotocomposicións empregando a luz solar e a auga. A cianotipia é unha técnica moi interesante que se pode empregar en múltiples ámbitos e que ás crianzas lles vai encantar case tanto coma ás persoas adultas. Ademais, esta actividade servirá para aprender a recoñecer as herbas de san Xoán ao tempo que se pon en valor a lingua e o patrimonio cultural e ambiental.

 

Data: sábado, 28 de xuño de 2025

Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 90 minutos)

Lugar: centro cívico social do Couto.

Destinatari@s:  dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 12 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

Descarga o cartel

Data

28 Xuñ 2025

Hora

11:00 - 12:30

Localización

Centro cívico social do Couto
Lugar da Picota
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal