Cestos de papel de Pedras de Papel
Din que quen fai un cesto, fai centos. Queres probar?
Aprende a facer un cesto usando as técnicas da cestería tradicional pero con materiais máis accesibles como o papel, o que che permitirá practicar na casa e, se cadra, facer un cento!
Data: sábado, 20 de setembro de 2025
Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 90 minutos)
Lugar: centro cívico social do Couto.
Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 15 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
Descarga aquí o cartel
