Castelao, un corazón á intemperie de Fantoches Baj

Narración oral e monicreques para familias

Castelao, un corazón á intemperie é a nova produción de Fantoches Baj para público infantil e familiar, unha proposta de narración oral, monicreques, música tradicional e teatro de máscaras que busca dar a coñecer a figura de Castelao entre as nenas e os nenos, reler e interpretar parte da súa obra e poñer en valor o galego.

Fantoches Baj representará con marionetas parte da súa obra: contos de ‘Cousas’ (“Panchito” e a “Marquesiña”); narracións de ‘Retrincos’ (“Sabela” e “O inglés”), escenas de “Os vellos non deben namorarse” e o monólogo do esqueleto en “Un ollo de vidro”.

Día: domingo, 11 de maio de 2025

Hora: ás 18:00 h (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: Centro Comunitario Municipal Manuela Pérez Sequeiros

Destinatari@s: público infantil e familiar (recomendado a partir de 6 anos)

Entrada: de balde e non é precisa incrición previa. Permitirase a entrada ata encher a capacidade da sala.

Organiza:  Secretaría Xeral da Lingua (programa FalaRedes da Rede de Dinamización Lingüística) coa colaboración do Concello de Narón a través do Servizo de Normalización Lingüística, da Concellaría de Política Lingüística.

 

Data

11 Mai 2025
¡Caducado!

Hora

18:00 - 19:00

Localización

Centro comunitario Manuela Pérez Sequeiros
Rúa María Casares s/n 15570 Narón
Categoría