Cantando con raíz de Eduvía

Ditos, recitados e cancións tradicionais

Cantando con raíz é unha fórmula marabillosa para que os nenos e nenas se acheguen ao cancioneiro tradicional galego á vez que saborean e gozan das cancións propostas, permitindo recuperar e que non caian no esquecemento estes ditos, recitados e cancións transformándose de novo nun xeito de lecer e de expresión.

 

Data: mércores, 20 de abril de 2022

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: centro cívico social do Alto

Destinatari@s: familias inscritas no proxecto Apego no Concello de Narón. Recomendado para nenos e nenas de 2 a 6 anos.

Inscricións: prazas limitadas. Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)

Podes descargar aquí o cartel

Data

20 Abr 2022
¡Caducado!

Hora

18:00 - 19:00

Localización

Centro cívico social do Alto
R/Manuel Antonio, nº7, 15570 Narón (A Coruña)
Categoría