Cantacontos para bebés de Pablo Díaz

Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequenos. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica, e interpretará algún dos seus temas máis populares.

Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión serán as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos dos contos e cancións.

 

Data: mércores, 22 de abril de 2026

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 30 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 1 a 3 anos e as súas familias. Prazas limitadas. Os/as menores irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

 

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

Descarga o cartel

 

Data

22 Abr 2026

Hora

17:00

Localización

Centro cívico social de San Xiao de Narón
Lugar da Igrexa, s/n, 15578 Narón (A Coruña)
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal