
Buscando a Santa Compaña de Fernando Cortizo
Unha longametraxe documental dirixida por Fernando Cortizo que ten como obxectivo recuperar, poñer en valor e dar difusión a unha figura emblemática da cultura galega: a Santa Compaña.
Neste filme, no que colabora o Concello de Narón, mestúranse entrevistas a testemuñas e visitas a expertos de diferentes ámbitos, ségueselle a pista a algún dos casos máis soados de aparicións, analízanse estrañas teorías e hipóteses,… e trataranse cuestións como: en que se basea esta lenda?, cal é a súa orixe?, que posibles hipóteses poden explicala?, por que non existe ningunha proba física e si existen centenares de testemuñas?, por que parece terse evaporado nas últimas décadas?… En definitiva, coñeceremos a historia desta lenda desde diversos prismas e sen descartar ningunha teoría, tratando de achegar luz á máis terrible e escura das lendas europeas, a través do formato road movie que nos vai situar entre o documental sociolóxico e o cine baseado na narración de historias fantásticas, unha innovadora maneira de achegar este fenómeno á xente nova.
Día: 22 de outubro de 2024
Hora: ás 18.00 h
Lugar: Pazo da Cultura
Destinatari@s: recomendada para mocidade e público adulto
Entrada: de balde. Pódense recoller as entradas na billeteira do Pazo da Cultura de luns a sábado en horario de 09.30 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30 h.
Organiza: Concellaría de Política Lingüística – Servizo de Normalización Lingüística