Brincadeiras da lingua de Migallas

Brincadeiras da lingua é un espectáculo que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia e fomentar a súa práctica entre a cativada e no ámbito familiar. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma dos ditos recollidos na serie de vídeos realizada por Migallas Teatro e que leva este mesmo nome “Brincadeiras da lingua”.

Data: mércores, 27 de abril de 2022

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: centro cívico social do Alto

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 2 a 6 anos, que deberán estar acompañados de, como mínimo, unha persoa adulta.

Inscricións: prazas limitadas. Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)

Poder ver aquí o cartel

 

 

Data

27 Abr 2022
¡Caducado!

Hora

18:00 - 19:00
Categoría