Babá bebé de A Xanela do Maxín

Teatro para bebés

Un espazo seguro e propicio no que se mergulla o bebé para gozar do paso das estacións. Comeza unha primavera na que podemos observar e sentir o reino vexetal. Continuamos no verán e as formas xeométricas da natureza. O outono está dedicado ás aves e o inverno aos peixes.

Data: mércores, 18 de outubro de 2023

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 30 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Podes descargar aquí o cartel

Data

18 Out 2023
¡Caducado!

Hora

17:00 - 17:30

Localización

Centro cívico social de San Xiao de Narón
Lugar da Igrexa, s/n, 15578 Narón (A Coruña)
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal