As sementes da felicidade de Miudiño
Contacontos infantil
Mediante a dramatización e adaptación dun conto de Jean Giono, móstrase a importancia das árbores para a vida no planeta Terra e para a nosa saúde. Faise especial fincapé en poñer en valor as actitudes altruístas e a recompensa polo esforzo e a perseveranza nel.
Data: mércores, 22 de maio de 2024
Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 30 minutos)
Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Descarga aquí o cartel