Aprendices de ornitólog@ de Pegadas Culturais

Obradoiro teatralizado no que dúas “ornitólogas” desesperadas por atopar paxaros contarán coa colaboración de nenas e nenos para encontralos e para agradecérllelo ensinaranlles ás familias o nome das aves, os seus hábitos, os seus cantos e onde viven en Galicia.

Este obradoiro busca que as nenos e os nenos coñezan e aprendan cales son as principais especies de aves en Galicia, como identificalas e transmitir a importancia destes animais nos nosos hábitats.

 

Data: sábado, 29 de novembro de 2025

Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: centro cívico social do Couto.

Destinatari@s:  dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

Descarga aquí o cartel

 

Data

29 Nov 2025
¡Caducado!

Hora

11:00 - 12:00

Localización

Centro cívico social do Couto
Lugar da Picota
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal