Anímate ao galego dixital con Barafunda
Unha proposta lúdica e cultural en galego e en liña que inclúe un contacontos, unha canción e dous obradoiros sobre dúas datas moi sinaladas para a lingua galega.
As propostas son:
- Contacontos: Xan das ondas
- Canción: Imos de festa
- Obradoiros: elaboración dun marcapáxinas para festexar o Día do Libro e a confección dun libro sobre Xela Arias, a figura homenaxeada este 2021 polo Día das Letras Galegas.
Contidos dixitais en galego para todos os públicos, especialmente para o público infantil que poderá visualizar na web municipal do Concello de Narón (www.naron.es) ou directamente a través deste enlace: www.naron.es – videos-naron entre o 22 de abril e o 22 de xuño. Os obradoiros poderanse ver entre as datas seguintes: obradoiro do Día do Libro entre o 22 de abril e o 22 de maio; e o obradoiro do Día das Letras Galegas entre o 12 de maio e o 12 de xuño.
Podedes descargar o cartel aquí