Animaladas de Calavera Teatro

A exploradora francesa Jeanne Baret invita as nenas e nenos a acompañala nunha misión na selva Pitiminí, que aínda que non é moi grande, está chea de misterios e especies por descubrir. Para iso terán que achegarse moi de preto e ir somerxéndose na natureza salvaxe onde coñecerán diferentes historias a través da narración de contos.
Data: mércores, 25 de novembro de 2026
Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 60 minutos)
Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de a partir de 3 anos e as súas familias. Os/as menores irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
Descarga o cartel
