Achegamento aos insectos de Ventos

A actividade comeza cunha charla introdutoria sobre a bioloxía dos insectos: anatomía, grupos principais, curiosidades, métodos de estudo e achegamento e a continuación realizarase un obradoiro de confección de capturadores de insectos, a partir de envases de vidro e materiais comúns.

Posteriormente poñeremos en práctica o aprendido e trataremos de capturar e estudar insectos e outros invertebrados, empregando capturadores e material óptico (lupas de man, binoculares, entre outros). Ao remate da actividade serán devoltos ao medio sen dano: non se fomentará o coleccionismo indiscriminado.

Para rematar construiremos un hotel de insectos para fomentar a biodiversidade no contorno do Couto.

 

Data: sábado, 5 de abril de 2025

Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 2 horas)

Lugar: centro cívico social do Couto.

Destinatari@s:  dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

Descarga o cartel

Data

05 Abr 2025

Hora

11:00 - 13:00

Localización

Centro cívico social do Couto
Lugar da Picota
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal