A voar de Cé Orquestra Pantasma

Baseado no libro-disco A voar, e ao son do enerxético ritmo de Cé Orquestra Pantasma, cóntase e cántase a viaxe da pequena Xoana, xoaniña que movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que a súa vida mudará.

Espectáculo divertido e dinámico, dálle ao público a posibilidade de recuperar o protagonismo activo sobre a súa diversión.

A voar pretende axudar aos nenos e nenas a reivindicar a confianza necesaria para satisfacer as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre, así pois, nenos e nenas…a voar!!

Data: mércores, 17 de setembro de 2025

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 60 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

Descarga aquí o cartel

Data

17 Set 2025
¡Caducado!

Hora

17:00 - 18:00

Localización

Centro cívico social de San Xiao de Narón
Lugar da Igrexa, s/n, 15578 Narón (A Coruña)
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal