A miña lingua, a túa lingua de Oviravai

O espectáculo “ A teacher Lu” nace coa ilusión e o compromiso de achegarlles ás familias un momento de lecer e aprendizaxe a través da música.

Catro artistas de dilatada experiencia e traxectoria da compañía Oviravai, cantarán e bailarán as cancións incluídas no libro A miña lingua, a túa lingua, onde poñerán de manifesto a importancia de aprender diferentes linguas, partindo do galego, dunha forma amena e divertida.

Combinarán todo isto cunha coidada posta en escena e un enxeñoso guión, que serán a pauta para adentrarse no universo de “ A teacher Lu” , cheo de palabras, risas e música.

Día: domingo, 12 de xuño de 2022

Hora: ás 12 horas (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: centro cívico social do Val

Destinatari@s: público familiar (recomendado para nenos e nenas de 6 a 11 anos)

Inscricións: non será precisa inscrición previa. Entrada de balde. Poderán asistir todas as persoas que o desexen ata encher a capacidade da sala.

Organiza: a Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco do programa de dinamización Lingüística FalaRedes 2022 para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL), en colaboración co Concello de Narón.

Data

12 Xuñ 2022
¡Caducado!

Hora

12:00 - 13:00

Localización

Centro cívico social do Val
Vilacornelle, s/n - O Val - 15540 - Narón (A Coruña
Categoría