A maxia da ciencia de Arenaria

É maxia? Non, é ciencia! Moitos dos trucos máxicos están baseados en fenómenos físicos e químicos, son ciencia.

A través de experimentos, as familias coñecerán feitos da vida cotiá: poden os zapateiros camiñar sobre a auga? Existe a invisibilidade? Podo facer lume na man sen queimarme? Un obradoiro práctico que fomenta a participación, o pensamento crítico e implica as persoas participantes.

 

Data: sábado, 10 de outubro de 2026

Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 1 hora e 30 minutos)

Lugar: centro cívico social do Couto.

Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Prazas limitadas. Os/as menores irán acompañad@s, como mínimo,  dunha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

Descarga o cartel

Data

10 Out 2026
¡Caducado!

Hora

11:00

Localización

Centro cívico social do Couto
Lugar da Picota
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal