A loba Antea de As dos Contiños

Espectáculo con música, narración oral e monicreques sobre a amizade e a concienciación ambiental da man de Iolanda Eiras e Nekane Fernández.

Nun treito do Camiño de Santiago, no monte do Viso, vive a protagonista do conto: Antea, unha loba encargada de coidar o medio que ademais é artista, acróbata e equilibrista. Antea coñecerá a Sarela, unha nena coa que aprenderá a reciclar e a reutilizar o lixo.

 

Data: mércores, 11 de novembro de 2026

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 40 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de a partir de  3 anos e as súas familias. Os/as menores irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

Descarga o cartel 

Data

11 Nov 2026

Hora

17:00 - 17:40

Localización

Centro cívico social de San Xiao de Narón
Lugar da Igrexa, s/n, 15578 Narón (A Coruña)
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal