A galiña que pon ovos… de conto de Pedras de Papel
Narración e creación artística
A nosa galiña é moi especial: vai á biblioteca, come letras e pon ovos que son personaxes de conto! Mais hoxe non puxo suficientes para encher unha caixa. Temos que botarlle unha man se queremos saber como acaba a historia…
Despois de darlle de comer, imos recollendo os ovos que son personaxes de conto. E con cada un que vaiamos sacando imos enchendo unha caixa e contando un conto.
Data: mércores, 11 de maio de 2022
Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 50 minutos)
Lugar: centro cívico social do Alto
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos, que deberán estar acompañados de, como mínimo, unha persoa adulta.
Inscricións: prazas limitadas. Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)
Podes descargar aquí o cartel