A avoa Mariña de Cris de Caldas e Xabi do Camiño
Narración oral para familias
Parece unha día calquera pero non é así. Por primeira vez, o bebé ten que separarse da súa mamá. Queda ao coidado da avoa Mariña, quen tan pronto lle fai unha paxariña como lle conta unha adiviña.
Entre contos e xogos van pasando a tarde e á noite chega Pedro Chosco. O bebé precisa un arrolo para durmir, pero a avoa Mariña non lembra ningún.
Como fará este bebé para durmir sen arrolos e sen mamá?
Data: mércores, 17 de abril de 2024
Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 35 minutos)
Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas a partir de 6 meses e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Descarga aquí o cartel