23 de novembro, Día de Narón
Programación do Concello de Narón para conmemorar 23 de novembro, o Día de Narón
Día: martes, 23 de novembro de 2021
Programación:
Na estrada de Castela-camiño do Lodairo
Presentación institucional da escultura homenaxe á solidariedade: ás 12:00 h
Na praza Vinte e Tres de Novembro
Mil maxias máis do Mago Antón: ás 12:00 h, 13:15 h, 16:00 h, 17:30 h e 19:00 h (5 sesións de 45 minutos de duración), recomendado a partir de 8 anos. Poderán asistir un máximo de 60 persoas por sesión, prazas que se cubrirán por orde de chegada.
Xogos populares: de 12:00 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h
A fiestra dos soños de Trotaventos: ás 17:00 h. Espectáculo musical dirixido a público familiar.
Chocolatada popular: de 16:00 a 20:00 h
No Pazo da Cultura
Entrega de premios do XIII Concurso de Pintura Cidade de Narón: ás 19.00 h
Máis info