A Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia concedeu, este 2025, unha axuda de 6.984,92 euros ao Concello de Narón para a promoción do uso da lingua galega, que se enmarca na convocatoria de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.
A resolución da concesión desta subvención publicouse no Diario Oficial de Galicia o día 20 de xuño e pódese consultar nesta ligazón: Resolución concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega
