Que as nais e os pais que queiran criar os seus fillos e fillas en galego teñan á súa disposición recursos, materiais e lecer nesta lingua para gozar e aprender en familia é un dos obxectivos cos que nace o programa Apego.
Para esta primavera de 2023 o Concello de Narón programa, para vivir en familia, varios espectáculos dentro do Apego que conxugarán contos, circo, xogo, teatro, e mesmo experimentos científicos en galego.
As actividades propostas son:
Provocacións de Melissa Cimas
Toupiciencia de A Xanela do Maxín
Leo e as cores de Trémola Teatro
Unha galaxia chea de Letras Galegas de Caxoto
Cinco ratiños de conto de Migallas
Peor imposible de Peter Punk
Para poder asistir a estas actividades, que son de balde, será precisa inscrición previa en a.pita@naron.es e deberán achegarse os seguintes datos: nome da actividade, nome e idade do neno opu nena, nome da nai, pai ou persoa acompañante, enderezo electrónico e teléfono de contacto.
A información detallada de cada un destes espectáculos pódese consultar no apartado de actividades da web www.naronengalego.gal ou www.apego.gal