Neste momento estás a ver A comarca de Ferrolterra festexa o Correlingua 2022

A comarca de Ferrolterra festexa o Correlingua 2022

  • Categoría da entrada:Novas

Onte tivo lugar no Pazo da Cultura de Narón a festa final do Correlingua 2022 da comarca de Ferrolterra, á que asistiron ao redor de 1.400 alumnos de varios centros de Narón, Neda e Ferrol.

Esta festa, que tivo como lema Fálame!, desenvolveuse a través dun acto presentado pola actriz Isabel Risco, que tamén se encargou da lectura do manifesto,  e que contou coa actuación Extra! de Paco Nogueiras que fixo que nenos e nenas bailasen e cantasen ao son da súa música.

O Correlingua é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación; polo dereito a medrar e vivir en galego, impulsada pola CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, así como coa colaboración das deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo e os concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo e Lugo, ou Narón entre outros.