Neste momento estás a ver 23 de novembro, Día de Narón

23 de novembro, Día de Narón

  • Categoría da entrada:Novas

O día 23 de novembro celébrase o Día de Narón. Desde 1993 conmemórase esta data que coincide coa da primeira acta oficial conservada do ano 1837, cando o concello se reunía no adro da igrexa parroquial de San Xiao de Narón.

Castros, muíños, penas lendarias, casas medievais, pazos, mosteiros, capelas,… con historia de seu forman parte do patrimonio cultural e etnográfico de Narón, que merece a pena coñecer.

Narón é cultura, paisaxe, historia, industria, tradicións, lecer… e sobre todo unha cidade para vivir e como cada 23 de novembro as naronesas e naroneses estamos de celebración.

O Concello de Narón programa, para o propio 23 de novembro, as seguintes actividades para festexar esta data:

Na estrada de Castela-camiño do Lodairo

Presentación institucional da escultura homenaxe á solidariedade: ás 12:00 h

 

Na praza Vinte e Tres de Novembro 

Mil maxias máis do Mago Antón: ás 12:00 h, 13:15 h, 16:00 h, 17:30 h e 19:00 h (5 sesións de 45 minutos de duración), recomendado a partir de 8 anos. Poderán asistir un máximo de 60 persoas por sesión, prazas que se cubrirán por orde de chegada. Esta actividade é organizada pola Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, no marco do programa FalaRedes. O Concello de Narón está inserido na Rede de Dinamización Lingüística, polo que foi elixido para acoller esta actividade.

Xogos populares: de 12:00 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h

A fiestra dos soños de Trotaventos: ás 17:00 h. Espectáculo musical dirixido a público familiar.

Chocolatada popular: de 16:00 a 20:00 h

 

No Pazo da Cultura

Entrega de premios do XIII Concurso de Pintura Cidade de Narón: ás 19.00 h